Indignación e malestar polas medidas organizativas propostas para os cursos de Bacharelato no IES Sánchez Cantón
Por Redacción
Un amplo grupo de pais e nais de estudantes de Bacharelato do IES Sánchez remitiu un comunicado á dirección do centro e ao consello escolar na que mostran a súa indignación polas medidas organizativas adoptadas para este curso 2020-21.
Recoñecen a indefensión na que se atopan moitos centros de ensino, ao non contar cos recursos necesarios, sobre todo de profesorado, para afrontar este curso marcado pola pandemia. Con todo mostran a súa oposición ás medidas adoptadas.
Entenden que o horario do alumnado de primeiro e segundo de Bacharelato está baseado na semipresencialidade. Desta maneira, recibirán 3 horas de clase ao día (15 á semana), a metade das horas que lles corresponderían segundo a lexislación vixente en materia educativa. Neste sentido, lembran que a maior parte dos centros educativos de Galicia impartirán docencia presencial en todos os niveis educativos, tamén en bacharelato.
Ante esta situación, estes pais consideran que os estudantes do IES Sánchez Cantón veranse prexudicados en relación con outros centros.
Indican que non se ofertou a posibilidade de clases online para completar o horario. Os asinantes do documento consideran que aínda que a rendibilidade e aproveitamento das clases non é a mesma, como se demostrou durante o estado de alarma, polo menos sería unha opción para equilibrar ao alumnado do Sánchez Cantón co doutros centros.
Inciden, ademais, en que o problema principal sitúase no alumnado que inicia o curso de segundo de bacharelato, que conta con só 15 clases presenciais das 32 semanais e ningunha online. Estes estudantes terán enfrontarse ás probas ABAU de acceso á Universidade ao final de curso e os pais entenden que será en desigualdade de condicións. Desta forma reclaman que se corrixa de maneira inmediata "este desatino".
Solicitan a intervención das autoridades competentes en materia de Educación para que todo o alumnado conte cos mesmos dereitos e oportunidades neste curso 2020-21, que se iniciará o mércores 23.
Relacionadas:
-
BNG e PP anuncian encontros con pais e nais de Sánchez Cantón e Valle Inclán tras as últimas protestas
Por Redacción |
-
Sánchez Cantón e Valle Inclán unen as súas voces para protestar por un bacharelato "que non é nin semipresencial"
Por Manu Otero & Mónica Patxot |
-
Pais e estudantes do IES Sánchez Cantón mobilízanse por un bacharelato 100 % presencial
Por Manu Otero & Mónica Patxot | Creada e actualizada
-
Convocan unha protesta contra a semipresencialidade das clases de Bacharelato do Sánchez Cantón
Por Diego Espiño |
-
Queixas á Inspección Educativa polos horarios vespertinos establecidos no IES Frei Martín Sarmiento
Por Redacción |
-
Educación contratará preto de 2.000 docentes para atender as demandas expresadas desde os centros de ensino
Por Redacción |
-
A folga de educación aprázase unha semana
Por Redacción |
-
Adíase o comezo do curso en Secundaria, Bacharelato, FP e Réxime Especial ao 23 de setembro
Por Redacción |