#PonteLovers riza o rizo para facer realidade, en formato streaming, unha nova edición do Salón de Barbería e Estética
Por Redacción
O salón da perruqiería e a estética de Pontevedra Rizando ou Rizo, fai honra ao seu nome para regresar un ano máis á cidade cunha organización adaptada á nova normalidade e ás restricións impostas pola pandemia da Covid-19. O evento, incluído baixo o paraugas de #PonteLovers da concellería de Promoción Económica, convértese este ano nun espectáculo que poderá seguirse por streaming.
En colaboración coa firma Pontevedra Dixital, o evento levará a cabo o sábado 26 de setembro entre as 17 e as 21 horas no estudio montado na Casa da Luz.
Desde alí, os negocios participantes poderán exhibir os seus servizos e tratamentos a través do Facebook e canle de Youtube do Concello de Pontevedra (Pontevédrate), así como nas redes sociais de #PonteLovers.
O show terá como presentador ao escritor Manel Loureiro e o programa está integrado por intervencións de nove negocios da cidade que ofrecerán solucións moitas cuestións do ámbito da perruquería e a estética.
Relacionadas:
-
Rizando o Rizo volverá á praza da Peregrina para amosar "tutoriais en directo"
Por María José Pita |
-
Traballos, experiencias e tendencias de perruquería e estética, danse cita na Praza da Peregrina
Por Redacción |
-
A segunda fase do Plan Reinicia Turismo de #Pontelovers convoca a un grupo de expertos para rescatar ás pemes turísticas
Por Redacción |
-
Promocionan o comercio local pontevedrés cunhas xornadas fotográficas para nenos
Por Manu Otero |
-
O Plan Impulsa de #PonteLovers pon en marcha as súas reunións grupais
Por Redacción |
-
A Praza de Ourense converterase en setembro nun 'mini salón' de estética e perruquería
Por Redacción |