Inician obras de mellora de firme en estradas de Pontevedra, O Salnés e Caldas
Por Redacción
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de iniciar as obras de mellora de firme en distintas estradas autonómicas das comarcas de Pontevedra, O Salnés e Caldas. A mellora iniciouse pola estrada PO-305, entre Caldas de Reis e Vilagarcía de Arousa.
Os traballos, adxudicadas á empresa Covsa, contan cun prazo de execución de 4 meses.
As actuacións incluídas neste contrato levaranse a cabo en varios tramos das estradas PO-223, PO-224, PO-300, PO-305, PO-308 e PO-309, ao seu paso polos municipios de Pontevedra, Campo Lameiro, Barro, Meis, Ribadumia, Vilanova de Arousa, Cambados, Caldas de Reis, Vilagarcía de Arousa, Sanxenxo e Poio.
O contrato ten por obxecto a rehabilitación de firme naqueles puntos nos que a capa de rodadura presente carencias ou se atope deteriorada, coa finalidade de reforzar e mellorar a seguridade viaria e a comodidade dos usuarios destas estradas. Tamén se prevé a reposición da sinalización horizontal en varios treitos.
Na estrada PO-223, Pontevedra-Campo Lameiro (PO-231), actuarase nun treito de preto de 12 quilómetros realizarase o fresado localizado e reforzo de firme, así como a renovación das marcas da vía.
Na estrada PO-224, Ponte Bora (N-541)-San Antoniño (N-550), os traballos de rehabilitación do firme realizaranse en dous treitos, tamén na PO-300, Mosteiro-Cambados (VG-4.3), e na estrada PO-305, Saiar (N-640)-Vilagarcía (N- 640).
Na estrada PO-308, Pontevedra-A Lanzada (PO-550), e finalmente os traballos deste contrato prevén a renovación das marcas viarias na PO-309: Poio Sur (PO-308)-A9.
Relacionadas:
-
As obras de reforzo do firme en estradas de Pontevedra, Caldas e O Salnés obrigarán a regular o tráfico durante tres semanas
Por Redacción |
-
Comezan os traballos previos ao asfaltado da PO-308 ao seu paso por Portonovo
Por Redacción |
-
Caldas mellora o vial interior do núcleo de San Martiño
Por Redacción |