Outros 29 positivos elevan a 577 os casos activos por COVID-19 na área sanitaria
Por Alejandro Espiño
Creada e actualizada
Creada e actualizada
As autoridades sanitarias detectaron 29 novos positivos por COVID-19 na área de Pontevedra e O Salnés, unha cifra que eleva a 577 os casos activos por coronavirus, segundo recolle o balance do Servizo Galego de Saúde.
Redúcese, levemente iso si, a presión asistencial. Hai quince pacientes ingresados. Once deles están a ser atendidos en planta no Complexo Hospitalario de Pontevedra e un máis no hospital Quirón Saúde Miguel Domínguez. Non hai infectados no Hospital do Salnés.
Os outros tres pacientes hospitalizados atópanse na unidade de coidados críticos (UCI) do Hospital Montecelo, os mesmos que hai 24 horas.
Os outros 562 casos activos reciben seguimento nos seus respectivos domicilios. Desde o inicio do plan de continxencia da COVID-19 curáronse 1.107 pacientes, catro deles nas últimas 24 horas, e faleceron 18 pacientes na área sanitaria.
En canto á realización de probas PCR, desde onte realizáronse 430, que se engaden ás 33.801 xa efectuadas desde o inicio da pandemia en Pontevedra e O Salnés.
MUNICIPIOS DE PONTEVEDRA E POIO
A Dirección Xeral de Saúde enviaba na tarde deste mércores ao Concello de Pontevedra o número de casos positivos nas últimas 24 horas dentro do municipio. A cifra ascende xa a 296, 13 persoas máis que durante o martes.
Tamén se detecta un lixeiro ascenso no municipio de Poio. O goberno local, segundo os datos ofrecidos polo SERGAS, sitúa en 38 o número de persoas infectadas, cun incremento de tres casos nas últimas horas.
GALICIA
A nivel autonómico, a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, segundo a última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.322, o que supón 21 máis que o día anterior.
Deles, 1.237 son da área da Coruña, 781 da de Lugo, 500 da de Ourense, 577 da de Pontevedra, 387 da área de Vigo, 659 da de Santiago e 181 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 29 están en UCI, 211 en unidades de hospitalización e 4.082 no domicilio. Por agora, en Galicia hai un total de 15.829 persoas curadas, rexistrándose 696 falecementos. O número de PCR realizadas é de 405.798.
Relacionadas:
-
Sanidade inicia en Pontevedra o cribado preventivo con PCR a profesionais de restauración e hostalería
Por Redacción |
-
Outra xornada preocupante na área sanitaria, con 51 novos positivos de COVID e 651 casos activos
Por Diego Espiño |
-
Lores, "preocupado" ante a pandemia: "A impresión que teño é que non se están a facer os protocolos como din"
Por Alejandro Espiño |
-
Sanidade impón restricións a Marín ante o incremento de casos de COVID-19
Por Alejandro Espiño |
-
Once nenos e dúas educadoras en corentena en Vilaboa tras un positivo por COVID-19 na escola infantil
Por Redacción |
-
Pontevedra rexistra gromos "numerosos" de COVID-19 por reunións sociais e pacientes cada vez máis novos
Por Alejandro Espiño |
-
Os contaxios en Pontevedra, disparados: 55 casos positivos por COVID-19 nun día
Por Alejandro Espiño |