Piden máis persoal forestal na concentración solidaria coas brigadas que se enfrontan a vaga de lumes en Ourense
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido
Cunha concentración diante da porta da delegación da Xunta de Galicia en Campolongo, os técnicos forestais contra incendios da Consellería do Medio Rural querían mostrar este mércores a súa solidariedade e apoio aos compañeiros que en Ourense están a se enfrontar á vaga de lumes durante estes últimos días.
Este persoal leva desde o 1 de agosto en folga indefinida. E ata o de agora realizaban os 'Mércores Verde' como sesións reivindicativas para reclamar un cambio de organización máis eficaz e máis seguro para os traballadores. Pero agora xa falan de 'Mércores Negro' debido aos numerosos incendios que se rexistran na provincia veciña.
José Manuel Araújo, técnico forestal do distrito 19 (Pontevedra-Salnés-
"Os compañeiros o están a pasar mal",, afirma Araújo, que sinala que estes técnicos teñen gardas de oficina desde as 08.30 ás 20.30 horas pero que, en casos como o que se rexistra estes días en Ourense, as xornadas alónganse 24 horas. " Iso non é sostible", afirma o representante destes técnicos que nestas situacións acoden ao monte cando hai risco para vivendas e persoas.
Sinala que é preciso máis persoal para facer fronte a todo o traballo, tanto nas oficinas como nos montes. Sinala que non é normal enviar desde o distrito de Pontevedra a persoal para axudar en Lobios con seis horas de viaxe de ida e volta, cando estes traballadores contan con quendas de brigada de 12 horas. Lembra que moitos deles volven cansos e prodúcense accidentes no retorno. Por iso piden tamén que se estude a posibilidade de que pernoiten no lugar de destino neste tipo de situacións de emerxencia.
En todo caso, cren que é necesaria unha revisión de todo este sistema organizativo porque, entenden, que se demostrou que non é eficaz durante todos estes anos. "Non é xusto que os compañeiros de Ourense estean chupándose o marrón cando hai outros distritos con menos traballo e non teñen a posibilidad de apoialos", conclúe Araújo.
Relacionadas:
-
O berro "Lumes Nunca Máis" escóitase simultaneamente nas sete cidades galegas
Por Redacción |
-
Caldas volverá contar este verán cunha brigada antilumes
Por Redacción |
-
Os técnicos de incendios chegan a un preacordo con Medio Rural e suspenden a folga
Por Oskar Viéitez |
-
Un raio provoca un incendio forestal na Illa de Ons
Por Manu Otero | Creada e actualizada