Protocolo sanitario no Colexio O Cruceiro de Vilalonga polo positivo dunha alumna de catro anos
Por Redacción
Unha alumna de tan só catro anos, que cursa estudos de Infantil no CEIP O Cruceiro de Vilalonga deu positivo nas probas efectuadas da Covid-19. Segundo informa o Concello de Sanxenxo, a PCR practicóuselle dentro das probas de rastrexo, unha vez que se confirmou o contaxio dun familiar directo da menor.
A última hora da mañá deste martes 15 de setembro, a familia recibía o resultado e alertaba á dirección do centro escolar. A partir dese momento, desde o equipo directivo poñíanse en contacto coas familias do resto de alumnado que comparte a aula coa menor e tamén se avisaba aos docentes para poñer en marcha os protocolos educativo e sanitario que requiren este tipo de casos no ámbito escolar.
Este caso no Concello de Sanxenxo súmase ao das últimas horas que se producía tamén na área de Infantil do CEIP Magaláns, onde outra alumna ofrecía resultado positivo pola enfermidade pandémica, tras atoparse indisposta durante a xornada do venres.
Relacionadas:
-
O positivo dunha educadora na Escola Infantil Casa do Mar de Marín pon en corentena varios menores
Por Oskar Viéitez |
-
Once nenos e dúas educadoras en corentena en Vilaboa tras un positivo por COVID-19 na escola infantil
Por Redacción |
-
O positivo dunha nena de Sanxenxo activa os protocolos sanitarios nun colexio e unha escola infantil
Por Oskar Viéitez |