A Garda Civil intercepta un menor conducindo un ciclomotor sen documentación
Por Redacción
A Garda Civil interceptou en Vilaboa a un mozo, menor de idade, cando conducía un ciclomotor sen obter o permiso de conducir.
Segundo informaron fontes oficiais do Instituto Armado, os feitos ocorreron sobre as 15:30 horas do domingo, á altura do km. 8,900 da N-554, no termo municipal de Vilaboa, cando unha patrulla do Destacamento de Tráfico da Garda Civil de Vilaboa, realizaba un punto de verificación para a vixilancia e o control do tráfico.
Ao interceptar o ciclomotor, os axentes comprobaron que o condutor, un mozo de 17 anos de idade, carecía de permiso de condución, polo que se lle notificou a súa condición de investigado como presunto autor dun delito contra a seguridade viaria. As dilixencias instruídas remitíronse á Fiscalía de Menores e os pais fixéronse cargo do menor.
O condutor tamén foi denunciado por vía administrativa porque carecía do preceptivo seguro obrigatorio e ademais tiña caducada a vixencia da ITV.