Calcinado un garaxe en Sanxenxo
Por Redacción
O 112 Galicia informou dun incendio que calcinou por completo un garaxe anexo a unha vivenda en Sanxenxo.
Neste garaxe se gardaban pinturas, combustible e outras pertenzas.
A proximidade coa vivenda provocou que o fume chegase a afectar a unha cociña e un baño.
Por fortuna, ninguén necesitou asistencia médica e os Bombeiros de Ribadumia fixeron fronte, xunto cos membros do GES de Sanxenxo, ao incendio que comezou pasadas as seis da tarde do luns no lugar de Rouxique.