Só catro persoas están dadas de alta no servizo de recollida de lixo para doentes de COVID-19
Por Redacción
Das 244 persoas que, segundo o último balance oficial das autoridades sanitarias, deron positivo en Pontevedra por COVID-19, só catro están dadas de alta no servizo de recollida de lixo para doentes de coronavirus que ten activo o Concello de Pontevedra.
A través deste servizo, a todas estas persoas recóllenlle o lixo na porta, para evitar que teñan que saír á rúa e saltar o seu illamento domiciliario.
Todos aqueles afectados que teñan necesidade de empregar este servizo, totalmente de balde, teñen que poñerse en contacto coa Policía Local de Pontevedra.
A concelleira Carme da Silva destacou que a pesar de estar anotada só catro cidadáns "as cifras nos din que hai moitas máis persoas infectadas", polo que fixo un chamamento público.
Dado que a Xunta de Galicia non ofrece información sobre a localización dos doentes, o Concello recorda a existencia deste servizo porque "é unha obriga legal" que o lixo dos enfermos de coronavirus se trate de xeito separado ao do resto da poboación.
Da Silva tamén recordou que seguen operativos os servizos sociais municipais para atender todas as demandas derivadas da COVID-19 por parte dos veciños e veciñas de Pontevedra.
Relacionadas:
-
A recollida de lixo a doentes de covid-19 triplica os domicilios activos no confinamento
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
A Policía Local sanciona dous establecementos hostaleiros do centro histórico por incumprir o horario de peche
Por Manu Otero |
-
Lores pide "responsabilidade" para frear a COVID-19, que alcanza 244 casos en Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
Pechan un local de Ponte Sampaio onde se celebraba unha festa con 200 persoas
Por Alejandro Espiño |
-
Superado o medio milleiro de positivos en Pontevedra-O Salnés con 35 novos casos nas últimas horas
Por Redacción |