Cortan a vía rápida entre Noalla e a entrada a Sanxenxo por un lume en matogueiras próximas á estrada
Por Redacción
As choivas matinais deste 14 de setembro non evitaron que se producise un pequeno incendio nunha leira que se atopa nas proximidades da vía rápida á altura da parroquia de Noalla.
As lapas localizáronse nunha superficie de matogueiras cunha extensión aproximada de mil metros cadrados. O lume provocou unha importante presenza de fume que obrigou a cortar o tráfico rodado nesta vía rápida en dirección á entrada de Sanxenxo durante corenta minutos ao redor do mediodía deste luns.
Para a extinción do lume foi necesaria a intervención do servizo de Emerxencias do Concello de Sanxenxo con dous camións, unha brigada de Medio Rural e un axente forestal. Unha vez sufocadas as lapas restableceuse o tráfico sen incidencias.
Relacionadas:
-
Un raio provoca un incendio forestal na Illa de Ons
Por Manu Otero | Creada e actualizada