Campaña da Policía Local de Poio para detectar distraccións ao volante
Por Redacción
A Policía Local de Poio colabora coa Dirección Xeral de Tráfico nunha campaña centrada en evitar distraccións ao volante. Os axentes municipais levarán a cabo durante toda a semana controIs de vixilancia en diferentes puntos do municipio co obxectivo de detectar condutas que supoñan un risco para a seguridade viaria, como o uso do móbil ou a manipulación do GPS durante a concucción.
O responsable do departamento policial, Antonio Duarte, explica que se tratan de comportamentos que "supoñen un perigo para o resto de condutores e peóns polo que é importante concienciar á cidadanía do risco que supoñen este tipo de prácticas".
Ao mesmo tempo, a Policía Local continúa estes días desenvolvendo un operativo especial nos colexios do municipio polo inicio do curso. Trátase dunha actuación destinada a velar polo cumprimento das normas para previr o avance do coronavirus facendo especial fincapé no uso de máscaras, respecto das distancias de seguridade e evitar aglomeracións.