Superado o medio milleiro de positivos en Pontevedra-O Salnés con 35 novos casos nas últimas horas
Por Redacción
Continúan incrementándose o número de positivos na área sanitaria de Pontevedra - O Salnés. Rexistráronse 35 novos casos nas últimas 24 horas, situando o total en 503 casos activos nesta zona sanitaria.
Atópanse 13 pacientes Covid ingresados en planta de hospitalización no Hospital Montecelo, un paciente no Hospital do Salnés e dúas persoas que se atopan na unidade de Coidados Críticos do Hospital Montecelo. 487 persoas mantéñense nos seus domicilios superando a enfermidade.
Nestas últimas horas curáronse dous novos pacientes. En Pontevedra e O Salnés realizáronse 450 PCR' s e súmanse ás 33.070 xa realizadas na área desde o inicio da pandemia. O Colexio Calasancio debido aos 9 contaxios detectados pechou as súas portas atendendo ás ordes sanitarias. É o primeiro centro de Galicia que se atopa nesta situación.
3 FALECIDOS EN GALICIA
Tres persoas faleceron nas últimas horas en Galicia como consecuencia da enfermidade da Covid-19. Dous homes, de 88 e 79 anos, que estaban ingresados no Hospital de Verín e no Complexo Hospitalario da Coruña; e unha muller de 75 anos, ingresada no Complexo Hospitalario de Ourense. Todas estas persoas que perderon a súa vida presentaban patoloxías previas, segundo indica o SERGAS. O total de falecidos en Galicia sitúase en 689.
Hai 4.264 casos activos na comunidade. Detectáronse 209 novos positivos nas últimas horas pero o número de casos activos descendeu. Mantéñense 249 persoas hospitalizadas, dúas máis que nos últimos datos e na Unidade de Coidados Críticos atópanse 28 persoas nos hospitais galegos, dous máis que durante o 13 de setembro.
Relacionadas:
-
Os contaxios en Pontevedra, disparados: 55 casos positivos por COVID-19 nun día
Por Alejandro Espiño |
-
Só catro persoas están dadas de alta no servizo de recollida de lixo para doentes de COVID-19
Por Redacción |
-
Lores pide "responsabilidade" para frear a COVID-19, que alcanza 244 casos en Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
Pechan un local de Ponte Sampaio onde se celebraba unha festa con 200 persoas
Por Alejandro Espiño |