Outra profesora do colexio Calasancio dá positivo en coronavirus tras dar clase o venres
Por Redacción
Segundo caso positivo de coronavirus entre o persoal docente do Colexio Plurilingüe Calasancio de Pontevedra.
Informa a xornalista Sara Vila en páxinas do Diario de Pontevedra que a afectada é unha profesora que deu clase aos alumnos o pasado venres.
O centro educativo informou as familias na tarde do sábado. A Xunta dará agora instrucións de como proceder tras o contaxio.
Lembremos que o centro educativo informou que cinco membros do equipo directivo deste colexio xa estaban en corentena desde que o día 9 de setembro souberon o resultado positivo no test PCR dunha profesora, que agora está hospitalizada en Montecelo.
Por mor deste primeiro caso realizáronse probas PCR a todos os docentes, máis de 40 persoas, nesas probas detectouse este segundo caso.
Relacionadas:
-
O Colexio Calasancio retoma as clases presenciais a partir do luns
Por Redacción |
-
Farán test PCR aos alumnos de 3 anos das Calasancias
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada
-
Sanidade pecha o colexio Calasancio por un gromo con nove casos positivos de coronavirus
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada
-
Un positivo por Covid no Colexio Calasancio pon en corentena ao equipo directivo do centro
Por Redacción |