Na cidade de Pontevedra hai 188 positivos por coronavirus
Por Oskar Viéitez
O Complexo Hospitalario de Pontevedra comunicou este xoves ao alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, que no concello de Pontevedra están activos 188 positivos por coronavirus, dos 402 rexistrados na área sanitaria.
Nos últimos 3 días se tiñan rexistrado 40 na cidade. Isto implica que a transmisión é superior ao 1,5% e é necesario adoptar estas novas restriccións.
O alcalde volveu a facer un "chamamento á responsabilidade e sensatez" dos veciños de Pontevedra para que acaten as novas medidas adoptadas pola Xunta e evitar que se continúe a estender a pandemia.
O concello acordou a suspensión de eventos de inminente celebración como o Pont Up Store ou o Festival das Núbebes (que implica o traslado a Pontevedra de moitas persoas de diferentes puntos de Galicia), e no aire están outros eventos sobre os que se irán tomando decisións cando se aproxime a súa celebración.