Combarro, pobo máxico de España
Por Redacción
Fernando Martín, presidente da Rede de Pobos Máxicos de España, visitou este mércores o Concello de Poio e reuníase co alcalde Luciano Sobral e coa concelleira de Turismo Silvia Díaz.
Combarro pertence desde 2019 a esta entidade. Poio é xunto a Cambados e a Ribadavia (Ourense), os únicos municipios de Galicia que forman parte desta agrupación. Martín realizou unha visita guiada polo conxunto histórico de Combarro e tamén percorreu o Mosteiro de San Xoán.
Esta rede foi impulsada polo Instuto do Desenvolvemento Local e Estudos Sociais (IDL) en 1997. Dedícase a potenciar proxectos do medio rural con promoción e desenvolvemento turístico. 72 municipios españois forman parte deste grupo.
Segundo explicaba a concelleira Silvia Díaz, Combarro é un dos grandes referentes turísticos do norte da península e mesmo, este ano marcado pola Covid-19, recibiu a miles de visitantes, con 4.000 persoas procedentes de distintas cidades españolas que se achegaron á oficina de turismo municipal para solicitar información.
Para formar parte da asociación téñense en conta cuestiones como a relevancia histórica dos monumentos, a calidade de vida, a contorna urbana e os roteiros e espazos naturais, ademais da gastronomía.