A hostalería de Pontevedra pide axuda para salvar o sector cunha concentración en Vigo
Por Manu Otero
Os hostaleiros de Pontevedra concentráronse este mércores na Praza da Constitución, en Vigo, para denunciar a "dura realidade" que atravesan moitas destas empresas e para esixir medidas de apoio ao sector como a ampliación dos ertes ou a concesión de recursos a fondo perdido para aquelas empresas que reducisen a súa facturación en máis do 25 %.
A marcha, que foi convocada en toda España e tivo o seu acto central na madrileña praza de Cibeles co lema #salvemoslahostelería, contou coa participación de diversas asocaiciones territoriais de toda España, así como outros colectivos da sociedade civil. A protesta incluíu tamén en todo o territorio nacional un parón da actividade de 15 minutos en apoio ás reivindicacións.
En concreto, os hostaleiros queren que se poñan en marcha medidas de apoio hixiénico sanitarias coordinadas coas autoridades competentes que permitan unha xestión eficaz ante posibles brotes e procesos de corentena.
Demandan tamén actuacións de apoio ao emprego a través da ampliación dos ertes ata que cambien as circunstancias. Neste sentido piden unha maior exoneración da cotización á seguridade social aos negocios que teñan unha apertura parcial e exonerando ao 100 % aos que estean pechados.
Para o tecido empresarial consideran necesaria a achega de recursos a fondo perdido para as facturacións inferiores ao 25 % do habitual, ampliación de dous anos nos períodos de carencia do financiamento recibido pola Covid-19 e bonificacións fiscais tanto en custos de arrendamento e subministracións, como en impostos especiais e taxas municipais.
Finalmente, piden a estimulación da demanda a través da aplicación de bonos que favorezan o consumo de familias e empresas, melloras no tratamento fiscal e exoneración en vales de comidas, redución temporal do IVE e un plan estratéxico da gastronomía.
Relacionadas:
-
RADIO.- A playlist de... Javier de la Torre: Imos pintar un rock and roll na Praza de Abastos
Por Mónica Patxot & Marisa Ciordia |
-
A Federación Provincial de Empresarios de Hostalería solicita xudicialmente a reapertura dos seus establecementos
Por Redacción |
-
Reunión entre os Hostaleiros de Pontevedra e o Concello co compromiso de facer presión ante a Xunta
Por Redacción |
-
Asociación de Hostaleiros: "estase a criminalizar o lecer nocturno polas actitudes irresponsables de determinadas persoas"
Por Redacción |