Un informe da Deputación conclúe que a desinfección dos colexios non é competencia dos concellos
Por Redacción
"A desinfección dos centros escolares por motivo da Covid‐19 non é competencia propia dos municipios e supón unha ampliación das mesmas que excede da pura limpeza”. Desta forma conclúe o informe da Secretaría Xeral da Deputación de Pontevedra, que foi solicitado por concellos para coñecer o alcance real do Protocolo de Adaptación ao contexto da Covid‐19 nos centros de ensino non universitario de Galicia para o curso 2020‐2021.
O informe asinado polo secretario xeral da Deputación, que xa foi remitido aos concellos, inclúe toda a normativa tanto estatal como autonómica en materia de educación, salubridade pública e de sanidade nas que non figura nin unha soa excepción para que sexan os concellos os que corran coa desinfección dos centros.
Tamén fai referencia o informe á única normativa estatal que regula a desinfección por posible presenza de coronavirus, que é o Real Decreto Lei 21/2020 do 9 de xuño que recolle que "as administracións educativas deberán asegurar o cumprimento polos titulares dos centros docentes, públicos ou privados, das normas de desinfección, prevención e acondicionamento dos citados centros".
“Esta nova competencia diríxese ás administracións educativas e os municipios non o son", conclúe o informe de ente provincial. Ademais, no documento alertan de que "para esta nova competencia que se traslada aos concellos mediante unha disposición que non ten rango normativo suficiente non se acudiu nin á delegación de competencias, na que debería valorarse o impacto no xesto nos municipios afectados, nin ao encargo de xestión a través do correspondente convenio que así mesmo deberá acompañarse da financiación necesaria".
Relacionadas:
-
Pontevedra reclamará máis dun millón de euros á Xunta polos gastos extraordinarios da covid-19
Por Alejandro Espiño |
-
Pontevedra contrata a 16 persoas para a limpeza extraordinaria dos colexios
Por Oskar Viéitez |
-
A alcaldesa de Meis e CIG-Ensino denuncian que o CPI Mosteiro Meis comezará o curso sen equipo directivo, ao estar en corentena
Por Redacción |
-
As dúas desinfeccións diarias dos colexios de Vilagarcía suporán un desembolso de 108.000 euros ás arcas municipais
Por Redacción |
-
Planifican a desinfección dos colexios públicos desde o Concello pero alertan que a responsabilidade correspóndelle á Xunta
Por Redacción |
-
O Concello do Grove asegura que non está disposto a pagar os gastos nos colexios derivados do protocolo Covid-19 da Xunta
Por Redacción |
-
Desinfección e limpeza tres veces ao día nos aseos dos colexios de Marín
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas contratará dúas persoas para desinfectar os colexios e esixirá que o pague a Xunta
Por Redacción |
-
Os alcaldes socialistas da provincia piden compensación aos concellos polos gastos xerados pola Covid-19
Por Redacción |