Os casos activos por COVID-19 crecen ata os 379 na área sanitaria de Pontevedra

Por Alejandro Espiño
Os casos activos por COVID-19 na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés apenas creceron nas últimas 24 horas. Hai oito máis que o martes, ata un total de 379. Con todo, o balance oficial realizado polo Servizo Galego de Saúde reflicte que os contaxios foron 25 máis, xa que dezasete pacientes foron dados de alta.
A área sanitaria ten dez pacientes hospitalizados con COVID-19, os mesmos que este martes. Oito están a ser atendidos en planta no Complexo Hospitalario de Pontevedra e dous máis están ingresados na unidade de coidados críticos (UCI) de Montecelo.
Non hai pacientes infectados nin no Hospital do Salnés nin no hospital Quirón Salud Miguel Domínguez de Pontevedra.
Os outros 369 casos activos reciben seguimento nos seus respectivos domicilios. Desde o inicio do plan de continxencia da COVID-19 curáronse 1.065 pacientes, dezasete deles nas últimas 24 horas, e faleceron 18 pacientes na área sanitaria.
En canto á realización de probas PCR, desde onte realizáronse 367, que se engaden ás 30.749 xa efectuadas desde o inicio da pandemia en Pontevedra e O Salnés.
A nivel autonómico, a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, segundo a última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.364, o que supón 134 máis que o día anterior.
Deles, 1.424 son da área da Coruña, 920 da de Lugo, 462 da de Ourense, 379 da de Pontevedra, 344 da área de Vigo, 659 da de Santiago e 176 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 25 están en UCI, 181 en unidades de hospitalización e 4.158 no domicilio. Por agora, en Galicia hai un total de 14.158 persoas curadas, rexistrándose 668 falecementos. Os dous últimos son dous homes de 81 e 78 anos, ingresados nos hospitais de Santiago e Lugo. O número de PCR realizadas é de 374.635.
Relacionadas:
-
Sanidade aprecia unha transmisión "importante" da COVID-19 por reunións entre amigos e familiares
Por Alejandro Espiño |
-
O positivo dun operario que traballou con persoal asistido desata a alerta na Residencia de Maiores de Campolongo
Por Anxo Lourido |
-
Pontevedra xa supera a Vigo en pacientes COVID tras detectar 33 novos contaxios
Por Alejandro Espiño |
-
Trinta e tres novos contaxios elevan a 343 os casos activos por COVID-19 en Pontevedra
Por Alejandro Espiño |