Morre Julio Araújo, parella de Sonia Iglesias e único investigado pola súa desaparición

Por Redacción
Julio Araújo, parella da pontevedresa Sonia Iglesias -desaparecida en agosto de 2010- faleceu nas últimas horas no seu domicilio de Pontevedra. Padecía desde hai anos un cancro de pulmón que, segundo fontes próximas a el, agravouse nos últimos meses.
El foi no seu momento o único investigado -a nova figura xurídica para os imputados- pola desaparición de Sonia. A pesar diso, os investigadores nunca lograron probas o suficientemente sólidas contra el, o que obrigou a arquivar o caso.
Unha das súas últimas aparicións mediáticas produciuse en febreiro de 2018 cando acudiu á comisaría da Policía Nacional para declarar como investigado polo homicidio da pontevedresa. Tampouco entón quixo dar a súa versión publicamente.
Fíxoo por el o seu avogado, quen en plena investigación sobre a casa familiar que Julio Araújo tiña en San Amaro, afirmaba que o seu cliente estaba cunha "tranquilidade e serenidade absoluta" porque, segundo defendía, "non tivo intervención nestes feitos".
Coa morte de Araújo, que tiña un fillo en común con Sonia Iglesias -de dez anos no momento da desaparición- quedarán sen resolver moitas das incógnitas que aínda rodean un caso que conmocionou á opinión pública pontevedresa hai unha década.
Relacionadas:
-
Once anos sen Sonia Iglesias, agora tamén sen o seu pai, e con todas as incógnitas por resolver
Por Natalia Puga |
-
A morte de Julio Araújo, un obstáculo máis para resolver o caso de Sonia Iglesias
Por Alejandro Espiño |
-
Inician os trámites para que Sonia Iglesias sexa declarada oficialmente morta
Por Natalia Puga |
-
Dez anos sen saber de Sonia Iglesias
Por Manu Otero |
-
Inspeccionan un pozo de Pedra do Lagarto en busca de probas sobre a desaparición de Sonia Iglesias
Por Natalia Puga & Cristina Saiz | Creada e actualizada
-
Nove anos reclamando xustiza pola desaparición de Sonia Iglesias
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |