Os incendiarios atacan Cuntis por segunda vez en menos de 24 horas
Por Redacción
Tras un incendio que o pasado luns puxo en perigo varias vivendas na parroquia de Cequeril, os veciños de Cuntis volveron sufrir o ataque dos incendiarios. Desta volta, no lugar de Vilar.
As lapas declaráronse pasadas as cinco da tarde e a rápida actuación dos medios de extinción, tanto da Xunta como do Concello, permitiu que a superficie calcinada non superase os 2.000 metros cadrados de terreo arborado.
Ao igual que no primeiro incendio, tamén nesta ocasión o lume se propagou cerca das casas acercándose a 300 metros do núcleo.
O Concello de Cuntis condena firmemente este novo acto incendiario e sinala que manterá a coordinación coas autoridades e forzas de seguridade para dar co autor ou autores.
"Máis pronto que tarde pagarán por estes feitos desaprensivos e realizados co único fin de facer dano", advirten desde o goberno municipal.
Cuntis, recorda o Concello, "foi sempre un municipio tranquilo" con respecto aos lumes forestais e este ano "estase vendo atacado por unha elevada actividade incendiaria", polo que garanten que terán "tolerancia cero" cos que pretenden "devastar o territorio" pegándolle lume.
Relacionadas:
-
Controlado en pouco máis dunha hora o incendio entre Anceu e Barbudo
Por Redacción |
-
Preocupación por un incendio forestal en Cuntis próximo a un núcleo habitado
Por Oskar Viéitez |
-
Tres incendios intencionados calcinan dúas hectáreas de monte en Cuntis
Por Redacción |
-
Medios aéreos e terrestres controlan un lume forestal en Cuntis
Por Redacción |