O Concello asumirá os labores de desinfección dos centros educativos de Poio
Por Redacción
O Concello de Poio asumirá todos os custos derivados dos traballos de desinfección que se efectuarán nos centros educativos do municipio. Así o asegurou este martes a concelleira de Educación, Raquel Rodríguez, convencida de que se trata dunha actuación imprescindible para garantir a seguridade no inicio do curso.
Neste sentido, a nacionalista lembra que estes labores deberían ser asumidas pola Xunta e critican que, ante a falta de resposta do goberno autonómico, teña que ser o Concello o que asuma esta responsabilidade. Aínda así, aseguran desde o goberno local que remitirán á Xunta todos os gastos derivados destas intervencións.
Denuncian ademais que algúns centros do municipio descoñecen a estas alturas se dispoñerán ou non de profesores de reforzo para desdobrar clases e reducir as cocientes de alumnos por aula.