O consultorio médico de Ponte Sampaio estará adaptado ás peticións do Sergas o luns 14 de setembro
Por Anxo Lourido
A Xunta de Goberno do Concello de Pontevedra aprobaba este luns as obras de adaptación do consultorio de Ponte Sampaio para que se cumpran os protocolos sanitarios establecidos polo Servizo Galego de Saúde para que se establezan os mesmos servizos cos que este centro contaba antes da pandemia.
Este espazo reabriu as súas portas o 1 de xuño pero só coa presenza dun profesional de enfermería. O centro carece dun profesional médico porque o Sergas alegaba que este espazo carece das condicións para que se poidan manter ambas as consultas.
A concelleira Carme da Silva explicaba que ao longo desta semana realizaranse as obras previstas para que o edificio conte con dous accesos diferencias e establecer unha sala separada para que se poida illar ao persoal no caso de que se produza un caso de Covid-19 sen entrar en contacto co resto de pacientes. Adaptarase unha xanela para convertela en porta, que permitirá a ventilación do local. Tamén se instalarán timbres e realizaranse divisións interiores a través de biombos de vídrio e aluminio.
Estes traballos contarán cun orzamento próximo aos 20.000 euros e executaranse ao longo desta segunda semana de setembro. Segundo explicaba Carme da Silva o luns estará todo disposto para que se poida incorporar o médico anunciado polo Sergas.
"O compromiso do Sergas é que recuperarían toda a actividade que había no consultorio", apuntaba a concelleira que espera que desde a Xunta de Galicia cúmprase con esta promesa, unha vez que o Concello se encarga de financiar as obras e de cumprir coa parte do acordo para que se poida atender á demanda da poboación da parroquia. Actualmente, os pacientes teñen que trasladarse ata o Centro de Saúde Virxe Peregrina para ser atendidos por un médico.
Relacionadas:
-
Indignación en Ponte Sampaio por outro mes sen médico: "En agosto estamos todos sans? Ou é que somos de segunda?"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Rematan as obras no Consultorio de Ponte Sampaio e o Sergas confirma a incorporación do médico este luns 14
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Poboación de Ponte Sampaio, A Canicouva e Soutomaior reclama un servizo sanitario digno
Por Redacción |
-
Un biombo e unha porta permitirán adaptar o centro de saúde de Ponte Sampaio ao protocolo anti Covid-19 e recuperar a atención médica
Por Natalia Puga |
-
A veciñanza de Ponte Sampaio lamenta que o Sergas non concrete data para o regreso do médico
Por Redacción |