Trinta e tres novos contaxios elevan a 343 os casos activos por COVID-19 en Pontevedra
Por Alejandro Espiño
Outras trinta e tres persoas deron positivo por COVID-19 na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés nas últimas 24 horas. Con elas, son xa 343 os casos activos por coronavirus, segundo o balance oficial realizado polo Servizo Galego de Saúde.
A área sanitaria ten dez pacientes hospitalizados con COVID-19, dous máis que onte domingo. Nove están a ser atendidos en planta no Complexo Hospitalario de Pontevedra e un máis está ingresado na UCI de Montecelo.
Non hai pacientes infectados nin no Hospital do Salnés nin no hospital Quirón Salud Miguel Domínguez de Pontevedra.
Os outros 333 casos activos reciben seguimento nos seus respectivos domicilios. Desde o inicio do plan de continxencia da COVID-19 curáronse 1.043 pacientes, trece deles nas últimas 24 horas, e faleceron 18 pacientes na área sanitaria.
En canto á realización de probas PCR, desde onte realizáronse 353, que se engaden ás 30.091 xa efectuadas desde o inicio da pandemia en Pontevedra e O Salnés.
A nivel autonómico, a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, segundo a última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.243, o que supón 68 máis que o día anterior.
Deles, 1.434 son da área da Coruña, 816 da de Lugo, 459 da de Ourense, 343 da de Pontevedra, 344 da área de Vigo, 688 da de Santiago e 159 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 21 están en UCI, 194 en unidades de hospitalización e 4.028 no domicilio. Por agora, en Galicia hai un total de 13.792 persoas curadas, rexistrándose 662 falecementos. O último, un home de 90 anos que estaba ingresado no Hospital Universitario de Santiago. O número de PCR realizadas é de 367.340.
Relacionadas:
-
Os casos activos por COVID-19 crecen ata os 379 na área sanitaria de Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
Pontevedra xa supera a Vigo en pacientes COVID tras detectar 33 novos contaxios
Por Alejandro Espiño |
-
Oito pacientes hospitalizados -un na UCI- e 323 casos activos por COVID-19 en Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
Ningún mestre de Pontevedra deu positivo por COVID-19 nos test previos ao inicio do curso
Por Alejandro Espiño |
-
Desactivan o protocolo COVID na Lama tras dar negativo o interno na segunda PCR
Por Redacción |