Rescatan en Campelo un exemplar de aguia común, que non podía voar
Por Redacción
Axentes da Policía Local de Poio rescataban un exemplar de aguia común, un aguia real, durante a tarde deste domingo no Camiño do Castro, en Campelo, na parroquia de San Xoán de Poio.
Ao redor das 14.10 horas, un veciño avisaba da aparición da ave rapaz. Indicaba que parecía estar ferida porque non despegaba o voo. Ata o lugar desprazábase unha patrulla que comprobou que se trataba dun aguia que, por causas que non puideron determinar, era incapaz de voar.
Os axentes conseguiron recollela para tramitar o seu traslado ao Centro de Recuperación de Aves de Cotorredondo, un espazo de recollida de Fauna, que depende da Consellería de Medio Ambiente.
Neste centro espérase que reciba os coidados necesarios para que se recupera e poida retornar ao seu hábitat natural. Segundo SeoBirdlife, a aguia real é unha rapaz de gran tamaño e a maior das aguias ibéricas. Os seus niños aparecen en acantilados rochosos, pero tamén en árbores. A súa dieta é moi variada e inclúe desde mamíferos a outras aves e mesmo réptiles, ademais de refugallos.
Relacionadas:
-
Poio crea áreas de estacionamento para servizos en Campelo
Por Redacción |
-
Retíranlle 60 petardos a un menor en Poio que estaba a causar molestias á veciñanza
Por Redacción |
-
Rescatan tres crías de gato xunto a un colector de lixo en Poio
Por Redacción |
-
Axentes da Policía Local rescatan un can en Chancelas pechado nun turismo a máis de 35 graos de temperatura
Por Redacción |
-
Rescatan unha cría de gato que levaba varios días agonizando baixo unha tubaxe en Raxó
Por Redacción |