Suprimen o padroado que xestionaba o Museo
Por Oskar Viéitez
O Grupo provincial do Partido Popular aprobou a supresión definitiva do padroado que xestiona o Museo de Pontevedra desde a súa fundación.
Foi o asunto máis interesante do pleno da Deputación, no que o voceiro do grupo do BNG, Cesareo Mosquera, propuxo deixar este asunto sobre a mesa, sexan delicados e respetuosos coas persoas e as institucións. O PSOE sumouse a esta petición que finalmente foi desestimada polos populares.
A deputada Ana Isabel Vázquez encargouse de defender esta inciativa do PP xustificando a medida no "aforro que se conseguirá ao convertelo en servizo dependente da Deputación".
"Non nos cansamos de insistir en que a dinámica non cambia absolutamente nada e afórrase moito", e asegurou a deputada popular que as 1.140 alegacións presentadas polos grupo da oposición estaban "manipuladas políticamente".
O nacionalista Cesareo Mosquera afirmou ao término do debate que "hoxe é un día negro para o Museo", mentres que o portavoz socialista, Juan Antonio González, dixo que agora a Deputación no Museo "fará menos, con máis control".
Relacionadas:
-
O BNG devolve a Carlos Valle a máxima dirección do Museo
Por Oskar Viéitez |
-
Lores e Louro únense contra a Deputación polo Museo: "ÿ un atentado contra a nosa cultura"
Por Alejandro Espiño |
-
A Deputación defende a súa xestión do Museo: "Só buscamos protexelo e investir nel"
Por Alejandro Espiño |
-
O 31 de decembro, data de caducidade do Padroado do Museo de Pontevedra
Por Alejandro Espiño |