Un bebé de apenas un mes, o paciente máis novo con COVID-19 en Pontevedra
Por Redacción
Entre os oito pacientes que actualmente se atopan ingresados no Complexo Hospitalario de Pontevedra hai un caso especial. Trátase dun bebé de apenas un mes de vida, que se converteu na persoa máis nova na que se detectou o coronavirus.
Fontes hospitalarias confirmaron a noticia adiantada por Diario de Pontevedra. O menor está ingresado no Hospital Provincial e está baixo vixilancia constante para comprobar a súa evolución.
Atópase illado do resto de pacientes de Pediatría para evitar contaxios, pero a súa evolución está a ser positiva, segundo os exames realizados ata o de agora.
O bebé é un dos 279 casos activos de COVID-19 que ten a área sanitaria de Pontevedra e O Salnés, oito deles hospitalizados e o resto seguindo tratamento nos seus domicilios.
Relacionadas:
-
Ningún mestre de Pontevedra deu positivo por COVID-19 nos test previos ao inicio do curso
Por Alejandro Espiño |
-
Corenta novos contaxios nun día elevan a 308 os casos activos por COVID-19 en Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
Alerta na Lama ante o primeiro positivo por COVID-19 no centro penitenciario
Por Alejandro Espiño |
-
Descenden os pacientes con coronavirus hospitalizados mentres se detectan outros 16 contaxios nunha xornada
Por Natalia Puga |
-
Un paciente ingresado en UCI do Hospital Montecelo, vítima 18 do coronavirus na área sanitaria
Por Natalia Puga |