O sorteo da Lotería Primitiva deixa en Marín un premio de medio millón de euros
Por Redacción
Medio millón de euros. É o suculento premio que gañou un marinense no sorteo da Lotería Primitiva celebrado este xoves. Iso si, a súa identidade é todo un misterio.
O boleto foi selado na administración de lotería número 1 de Marín, situada na Rúa da Ponte, que ten a Peregrina Pereira como responsable.
O seu propietario foi unha das tres persoas que lograron acertar os seis números da combinación gañadora, que foi 10-11-13-26-44-45.
Non houbo acertantes do premio especial, para o que había que acertar o número complementario, que foi o 37, polo que o diñeiro que recibirá o afortunado apostante de Marín foi máis alto.
Os outros dous acertantes de primeira categoría son de Valencia, un na localidade de Alzira e o segundo na propia capital.
Relacionadas:
-
Un apostante do sorteo do Euromillones gaña un millón de euros en Vilagarcía
Por Alejandro Espiño |
-
O sorteo de La Primitiva deixa un premio de 110.000 euros en Portonovo
Por Redacción |
-
A Bonoloto deixa un premio de case 300.000 euros en Vilagarcía
Por Redacción |
-
A Primitiva deixa en Vilagarcía case 14 millóns de euros
Por Redacción |