As Rías Baixas posiciónanse como destino turístico nun contexto xeneralizado de perda de visitantes
Por Manu Otero
O observatorio de Turismo Rías Baixas rexistrou durante os meses de xullo e agosto unha ocupación media do 54,4 % nos establecementos hostaleiros da provincia de Pontevedra. En xullo, os niveis situáronse ao redor do 50 %, mentres que en agosto creceron ata o 61 %. "A pesar da Covid, estes datos téñenmos que animar", declarou a presidenta da Deputación, Carmela Silva, durante a exposición das cifras turísticas dun verán que volve posicionar ás Rías Baixas como un dos destinos favoritos dos españois.
"Sabiamos que os resultados ían ser peores aos do 2019 pero as previsións estaban moi por debaixo dous resultados finais", puntualizou a mandataria socialista antes de debullar as cifras de cada un dos sectores en cada unha das comarcas da provincia.
Na comarca de Pontevedra, xullo rexistrou unha porcentaxe de ocupación do 45,3 % e en agosto do 61,6 %. A cidade supero o 42 % en xullo e situouse no 63 % en agosto, con picos que roldaron o 90 % nalgunhas xornadas da primeira quincena do mes. A comarca do Salnés alcanzou o 49,5 % en xullo e o 62,1 % en agosto grazas, en parte, aos datos de Sanxenxo, que chegou a superar o 65,5 % no último mes. No Morrazo, a media de xullo foi do 66,7 % e do 77,2 %, en agosto.
Unha dos aspectos máis positivos desta campaña foron os datos do turismo rural cualificados de "extraordinarios" pola presidenta Carmela Silva. Rexistraron unha media de ocupación do 72,3 % en toda a provincia chegando a superar en 9 puntos as cifras do ano 2019. No Salnés melloraron as porcentaxes en 1,1 puntos e localidades como Sanxenxo alcanzaron o 85 % de ocupación.
En Pontevedra alcanzaron o 75,3 % en agosto, mentres que a cidade mantívose no 100 % durante a maior parte da campaña estival, nun contexto de mellora xeneralizado en todos os concellos e comarcas da provincia.
Nos cámpings a media do do 61,5 %, mentres que as vivendas turísticas quedaron no 68 % en xullo para chegar ao 90 % en agosto.
O perfil do turista deste verán foi case na súa totalidade español. A maioría procedentes de Madrid, País Vasco, Navarra ou Cataluña. O turismo internacional, como no resto do estado, foi practicamente irrelevante e non superou o 5 %.
Tamén relacionado co turismo está a programación cultural e deportiva deseñada pola Deputación para reactivar o sector durante os meses de verán e que suman xa 8.000 participantes en eventos organizados por todos os municipios da provincia.
O programa de música clásica en enclaves patrimoniais da provincia, Música no Ar, congregou a un total de 800 espectadores nas nove actuacións realizadas, mentres que o ciclo Re-acción nos Castelos congregou a 700 asistentes nos dez eventos celebrados ata a data. Doutra banda, os 22 concertos do programa Musigal, a cargo de 18 grupos, reuniron a 3.200 persoas. Mentres que Pontegal suma xa 102 actuacións a cargo de 103 agrupacións artísticas en 32 municipios.
Neste sentido, a presidenta da Deputación asegurou que a programación destes ciclos e outros moitos relacionados co deporte, a natureza ou as artes terán continuidade nos próximos meses do ano.
Relacionadas:
-
Guadi Galego, Xabier Díaz e Milladoiro, grandes apostas do Musigal 2021
Por Redacción |
-
Sanxenxo recibiu durante a ponte do Pilar visitantes de 36 provincias españolas
Por Oskar Viéitez |
-
Sanxenxo revalida en agosto o seu liderado no norte de España con 147.501 pernoitas
Por Redacción |
-
Sanxenxo finaliza a tempada alta cunha ocupación media do 54%
Por Redacción |
-
Os datos turísticos do verán sitúan a Sanxenxo como "líder en Galicia e o norte de España"
Por Oskar Viéitez |
-
Un hostel de Pontevedra, primeiro de España en ofrecer un aseo adaptado para persoas ostomizadas
Por Redacción |
-
Os soportes dixitais posiciónanse como os mellores aliados para a campaña turística 'Segue ou teu instinto' da Deputación
Por Redacción |
-
Sanxenxo felicita aos hostaleiros por alcanzar un 50% de ocupación nun ano tan difícil
Por Redacción |
-
A Deputación impulsa un Plan de Reactivación do destino Rías Baixas dotado con máis de 3,5 millóns de euros
Por Oskar Viéitez |