Desinfección e limpeza tres veces ao día nos aseos dos colexios de Marín
Por Redacción
O Concello de Marín prepárase para o inminente inicio do curso escolar, o que motivou diversas reunións da propia alcaldesa, María Ramallo, e a concelleira de Educación, Marián Sanmartín, con representantes das directivas e das asociacións de pais e nais dos centros de educación Infantil e Primaria.
Neses encontros o goberno municipal explicou as medidas que adoptarán a nivel local para reforzar a prevención.
Neste aspecto, o Concello acordou cos centros que se ampliará o horario da empresa encargada da limpeza e desifencción durante a mañá, en función das necesidades de cada centro, pasando a realizar tres limpezas diarias nos aseos e reforzando a desinfección das zonas comúns.
Ademais aqueles centros que non conten con este servizo poderán dispoñer de persoal de conserxería ou limpeza durante a xornada lectiva.
Por último a Policía Local establecerá un dispositivo especial de control específico para os primeiros días do curso co obxectivo de garantir que as entradas e saídas do alumnado poida facerse coa maior das garantías posibles.
REUNIÓN DO BNG DE MARÍN COAS ASOCIACIÓNS DE PAIS
Tamén o BNG da localidade, a través do deputado autonómico Paulo Ríos e a portavoz municipal Lucía Santos, reuniuse estes días coas ANPAS de Marín.
No seu caso, a formación nacionalista defende un inicio de curso presencial e seguro "cos investimentos precisos que garantan a máxima seguridade da poboación escolar, xa que non existen recursos para levar a cabo un ensino de calidade telemáticamente".
Ademais lametaron que se trasladase a responsabilidade dos comedores escolares e o Plan Madruga aos concellos, equipo directivos e ANPAS e que a Xunta "non aproveitara estes últimos 5 meses para dotar das ferramentas e mecanismos axeitados para ensino telemático".
Relacionadas:
-
Un informe da Deputación conclúe que a desinfección dos colexios non é competencia dos concellos
Por Redacción |
-
O CEIP O Carballal atrasa o inicio das clases ao 16 de setembro para rematar as obras no centro
Por Redacción |
-
Desacordo na corporación municipal de Marín sobre as medidas para garantir o inicio do curso escolar
Por Oskar Viéitez |
-
O Goberno municipal de Marín busca consensos na elaboración dun plan de cara ao inicio do vindeiro curso
Por Oskar Viéitez |
-
Educación concede o desdobramento das aulas nos centros de Sequelo e Carballal
Por Redacción |