Loureiro Crespo, entre o Provincial e a pasarela, estará rematada en dous meses
Dous meses. É a previsión que manexa a empresa COVSA, segundo avanzou este xoves o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, para que a reforma do primeiro tramo de Loureiro Crespo, entre o Hospital Provincial e a pasarela de José Adrio, estea rematada.
Fernández Lores, acompañado do edil de Obras, Demetrio Gómez, visitou os traballos que, actualmente, están a realizarse na contorna da Travesía da Eiriña, para comprobar a súa evolución.
O alcalde, que lembrou que esta actuación é a máis importante que executa actualmente o Concello de Pontevedra, destacou que as obras "están indo moi ben" tras un pequeno atraso inicial como consecuencia da pandemia da COVID-19.
A execución deste primeiro tramo é "complexa", recoñeceu Lores, polos accesos ao centro hospitalario, o que obrigou a ir modificando as entradas e saídas do tráfico rodado nas rúas adxacentes.
"Estamos moi contentos de como están indo as obras", engadiu o rexedor pontevedrés, que lembrou que a intención deste proxecto é "seguir mellorando a calidade urbana en toda a cidade" e avanzar cara os barrios periféricos.
Relacionadas:
-
Malestar entre os residentes da rúa Historia polo "perigoso" desvío do tráfico por esta rúa "peonil e estreita"
Por Manu Otero & Mónica Patxot |
-
"Eu son Loureiro" é a campaña para dinamizar o comercio de Loureiro Crespo durante a humanización da vía
Por Manu Otero |
-
Cortes de tráfico a partir do luns 31 para completar o primeiro tramo da reforma de Loureiro Crespo
Por Redacción |
-
Gran parte de Loureiro Crespo será xa só de entrada á cidade desde o xoves
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Trasládase a parada de taxis para iniciar as obras de Loureiro Crespo
Por Redacción |