Taberna Zentola anuncia que as probas da COVID-19 aos seus empregados deron negativo
Por María José Pita
Este mércores 2 de setembro a primeira hora da tarde os responsables da tapería Taberna Zentola anunciaban nas súas redes sociais que as PCR realizadas aos seus empregados deran un resultado negativo.
Na publicación non podían evitar manifestar a satisfacción e alivio que esta noticia lles producía: "Alégranos poder dicirvos a todos que as probas realizadas ao noso persoal para detectar coronavirus deron NEGATIVAS!!".
A pasada fin de semana, o coñecido local do centro histórico de Pontevedra pechaba as súas portas dun modo precipitado ao ter constancia dun contacto dun dos seus empregados cunha persoa positiva en COVID.
"Desde a nosa reapertura cumprimos seriamente co protocolo de seguridade contra o COVID. Con todo, non podemos controlar os contactos que ocorren fóra do noso local. En canto tivemos constancia dun positivo, actuamos en consecuencia realizando unha proba PCR a todo o noso persoal e decidimos permanecer todos en corentena preventiva ata coñecer os resultados. Só reabriremos no caso de que eses resultados sexan negativos en COVID e poidamos ofrecer aos nosos clientes toda a seguridade e confianza que se merecen", manifestaban entón.
Cinco días despois do peche, a boa noticia é que ningún empregado se contaxiou de COVID e que o local podería reabrir as súas portas en breve, en función da "autorización oficial das autoridades sanitarias para reabrir", como informan aos seus clientes nas redes sociais.
Relacionadas:
-
Coñecidos locais de Pontevedra e Poio pechan voluntariamente as portas en prevención ante a detección de casos positivos
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido |
-
Recoñecemento ás terrazas de Marín para comprobar se son anti Covid-19
Por Redacción |
-
Os hostaleiros alertan de terrazas masificadas e piden aos clientes que sexan responsables
Por Manu Otero |