Presentan 85 proxectos aos Premios á Xuventude da Deputación
Por Redacción
Un total de 85 iniciativas de contido dixital, deseño e moda, educación en valores, fotografía orixinal, iniciativa empresarial, iniciativa social, literatura e música lideradas por mocidade da provincia presentáronse aos IV Premios á Xuventude da Deputación de Pontevedra, cuxo prazo de solicitude vén de rematar esta semana.
En total, trátanse de 24 traballos máis que os presentados na edición anterior cando foron 61 os proxectos que optaron aos galardóns.
A dotación económica dos premios incrementouse este ano ata os 32.000 euros, un 45% máis que o ano pasado, que serán distribuídos en oito categorías.
Este ano a Deputación de Pontevedra lanzou as bases dos IV Premios á Xuventude antes da apertura do prazo de inscrición (que se estendeu entre o 1 de xuño e o 31 de agosto), co fin de que os mozos aproveitasen o confinamento para comezar a idear e desenvolver os seus proxectos.
Relacionadas:
-
Ábrese o prazo para presentarse ao Premios Provinciais á Xuventude de 2021
Por Isabel Feijóo Gallardo |
-
Os Premios Provinciais á Xuventude xa teñen gañadores
Por Redacción |
-
A Deputación abre o prazo de presentación de proxectos para os premios á mocidade
Por Redacción |
-
Os Premios Provinciais á Xuventude lánzanse antes e con máis dotación para promover iniciativas durante a corentena
Por Redacción |