Os socialistas reclaman á Xunta que manteña aberta a escola unitaria de Verducido
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot
A parlamentaria socialista Paloma Castro esixiulle este mércores á Xunta que manteña aberta a escola unitaria de Verducido. Castro reclamoulle ao goberno galego que "demostre o apoio ao rural" fronte ás "constantes ameazas de peche" que, segundo asegurou, a Consellería de Educación vén lanzando contra os xestores e usuarios deste centro.
A responsable socialista presentou en rolda de prensa en Pontevedra unha batería de iniciativas rexistradas no Parlamento e que serán debatidas en canto comece a actividade ordinaria.
Segundo dixo Paloma Castro "o peche dunha escola no momento no que nos atopamos carece de xustificación algunha", e obriga ás familias e aos nenos afectados, así como aos responsables do centro, a enfrontarse a un "grave prexuízo que non merecen".
A 8 días do inicio do curso, Educación segue sen clarificar a continuidade do centro malia levar "meses ameazando co seu peche, que mesmo llo notificaron á directora, mais non de xeito oficial".
Castro explica que o centro, aberto dende 1965, é "referencia a nivel galego e estatal, cunha metodoloxía educativa inclusiva e diversa e un proxecto innovador", e constitúe un "elemento dinamizador da parroquia e fundamental para a vida da mesma".
Relacionadas:
-
A xustiza ordena a Educación reabrir a unidade de Primaria pechada na escola de Verducido
Por Alejandro Espiño |
-
O Concello esixe a Educación manter o ciclo de Primaria na escola de Verducido
Por Alejandro Espiño |
-
Verducido mobilízase contra o peche de Primaria na súa escola unitaria en plena pandemia
Por Redacción |
-
A comunidade escolar de Verducido reclama a recuperación da segunda mestra de infantil
Por Redacción |