Esnaquizan a máquina comecartos e baleiran a caixa dun bar de Cruz Vermella
Por Natalia Puga
"Han reventado la cerradura, han reventado la tragaperras y han llevado todo el dinero de la caja". Miguel, o propietario do bar Esparta da rúa Cruz Vermella, fai un resumo moi gráfico do que aconteceu no seu establecemento a pasada madrugada. A Policía Nacional abriu unha investigación por un roubo con forza, pero, ata o momento, non deu os seus froitos.
Os ladróns entraron no bar Esparta nalgún momento entra as 1.30 horas da madrugada e as 12.00 horas da mañá deste venres. Dez horas e media de marxe, pero polo seu proceder todo apunta a que dentro do local pasaron moi pouco tempo.
Así, a pesar de que no interior había obxectos de valor como unha televisión, foron directos ao seu obxectivo. A menos dun metro da porta está a máquina comecartos, esnaquizárona e leváronse todo o que tiña dentro. Moi próxima está a barra do bar, entraron, baleiraron a caixa rexistradora e fóronse.
O propietario aínda descoñece canto puido ser o botín que se levaron os ladróns e fará unha análise máis concienciudo do local por se bota en falta algún outro efecto, pero, en principio, calcula que foi só diñeiro.
El descubriu o sucedido pola mañá, cando acudiu a abrir o negocio á hora de costume, e inmediatamente se puxo en contacto coa Policía Nacional. Axentes da Policía Científica pasaron pouco despois polo negocio para solicitar prueas e nas próximas horas o dono presentará denuncia formal na Comisaría. ÿ a primeira que fará dende que abriu o local, "nunca antes" lle roubaran.