A volta ao cole en Sanxenxo: triplican as limpezas e regulan os accesos para evitar aglomeracións
Por Redacción
O Concello de Sanxenxo triplicará as quendas de limpeza nos colexios da localidade para adaptarse ás esixencias sanitarias para evitar a expansión da Covid-19 e, en coordinación coa comunidade educativa, realizará diversas actuacións para facilitar a actividade lectiva.
Así, ordenará as entradas e saídas de catro centros educativos, Nantes, A Florida, Portonovo, Cruceiro e IES Vilalonga. Son os centros que solicitaron a intervención municipal, pero, en xeral desde o Concello destacan que os colexios e os institutos de Sanxenxo teñen a vantaxe de ter variedade de accesos, circunstancia que axuda a evitar aglomeracións. En concreto, segundo a información facilitada polo Concello, catros centros dispoñen de 2 entradas e outros catro contan con ata tres accesos diferentes.
O alcalde, Telmo Martín, e a concelleira de Educación, Paz Lago, presentaron este luns un plan de actuación para reforzar a seguridade sanitaria durante o novo curso e quixeron lanzar unha mensaxe de tranquilidade ás familias, asegurando que o goberno local "vai poñer todo da súa parte para xenerar as maiores condicións de seguridade".
Así, o Concello tamén se involucrará na conciliación das familias en servizos como os comedores escolares e o Plan Madruga, xestionados polas Anpas, pero que teñen a súa colaboración. Os comedores escolares tes 162 nenos e o Plan Madruga, 28.
O alcalde realizou unha radiografía da situación dos centros educativos e destacou que teñen "un tamaño e un número de alumnos que facilitan moito as cousas nunha crise". En concreto, catro teñen menos de 135 alumnos e o resto, entre 200 e pouco máis de 300.
Estes datos facilitan tomar medidas para evitar aglomeracións e mesmo melloran no número de alumnado por aula, xa que en todos os centros mantense por baixo da ratio máxima marcada pola Xunta de Galicia, 25 alumnos. Tanto nas aulas de Infantil como en Primaria o número dalgúns oscila entre os 20 e 15 alumnos.
Paz Lago destacou a importancia desa ratio por aula e asegurou que o Concello "estará aí para un curso escolar atípico, pero non que nos involucraremos como non pode ser doutra maneira porque están en xogo os nosos nenos e o noso futuro".
O Concello asegura que os catro actores que conforman a comunidade educativa están a traballar desde hai semanas perfectamente coordinados para garantir a maior seguridade posible. A concelleira de Educación xa mantivo encontros coas direccións dos centros educativos e manterá este martes unha reunión coas ANPA.
Relacionadas:
-
Sanxenxo reforza este verán o Plan Concilia, que empezará o 23 de xuño
Por Redacción |
-
Sanxenxo manterá o plan especial de entradas e saídas dos centros educativos ata final de curso
Por Redacción |
-
Sanxenxo planifica coas ANPAS a xestión dos comedores e o plan madruga
Por Redacción |
-
Limpeza e desinfección a fondo nos centros educativos de Campo Lameiro para recibir aos primeiros alumnos
Por Redacción |
-
O curso escolar comezará con folgas ante o "coste cero" das medidas da Xunta contra a COVID-19
Por Redacción |
-
O curso escolar será presencial e os colexios permanecerán abertos aínda que haxa positivos
Por Natalia Puga |
-
Boa resposta de profesores e temporeiros ao inicio dos test rápidos de cribado para saber se teñen ou tiveron Covid-19
Por Cristina Saiz & Natalia Puga |