A Deputación abordará cos sindicatos novas propostas de conciliación
Por Oskar Viéitez
A Deputación abordará cos sindicatos novas propostas de conciliación. Previamente o goberno provincial convocou ao Comité de Seguridade e Saúde a unha reunión a próxima semana para avaliar a adaptación dos protocolos e de novas medidas ante a nova situación da Covid19 e os casos positivos na institución, aínda que derivan de contaxios rexistrados no ámbito privado.
Tanto os casos positivos como ás persoas que estiveron en contacto con eles están nas súas casas pasando a corentena, en aplicación inmediata do protocolo da Deputación, en canto se tivo coñecemento por parte do Servizo de Prevención de Riscos Laborais e de Recursos Humanos que son os departamentos responsables do seguimento.
Dende o goberno provincial sinalan que o protocolo para a actuación nun caso sospeitoso de contaxio, "é o máis exhaustivo e avanzado que ten calquera administración pública, aínda que obviamente non hai risco cero".
Segundo este protocolo: a persoa afectada quédase na casa; se lle fai a proba PCR; desenvólvese o seguimento das persoas coas que tivo contacto, quen tamén é enviada ao seu domicilio para iniciar a corentena; e procédese á limpeza e desinfección de todos os lugares, incluso daqueles onde estiveron as persoas sospeitosas dun posible contaxio que logo dan negativo.
Amais, na reunión cos sindicatos da próxima semana, se tratarán novas decisións e propostas, cara á conciliación, para a adaptación da resolución presidencial aínda que está en vigor e xa contempla ata finais do mes de setembro a posibilidade de teletraballo para persoas con fillos en idade escolar para seguir a facilitar que as familias con menores poidan conciliar.
O goberno provincial tamén volveu a instar ao persoal da Deputación de Pontevedra a "extremar as medidas de responsabilidade persoal" en canto á protección, limpeza e hixiene, en cumprimento da normativa sanitaria, "tanto no desempeño da súa actividade profesional como no seu ámbito privado a fin de minimizar o risco de contaxios".
Relacionadas:
-
O PP alega contra o Regulamento de Teletraballo da Deputación e pide que estea máis "pegado á realidade"
Por Redacción |
-
Piden á Deputación que fomente o teletraballo para reducir o número de traballadores en cada servizo
Por Oskar Viéitez |
-
O PP lamenta o "tempo perdido" na Deputación coa implantación do teletraballo
Por Oskar Viéitez |
-
A Deputacion adaptará a normativa estatal sobre teletraballo incorporando a perspectiva de xénero
Por Oskar Viéitez |
-
O persoal da Deputación xa pode facer uso das salas de lactación e de comedor
Por Redacción |
-
Carmela Silva: "O teletraballo nada ten que ver coa conciliación"
Por Oskar Viéitez |