Marín suspende a celebración da Virxe do Porto e o Día de San Miguel
Por Redacción
O Concello de Marín confirmou este sábado que, debido á evolución actual da crise sanitaria, non haberá ningún tipo de acto festivo para celebrar a Virxe do Porto e o Día de San Miguel.
Esta confirmación únese á xa anunciada e responsable cancelación por parte do Padroado de Santa Cecilia da Danza das Espadas, debido á imposibilidade de que esta tradición poida ser desfrutada como merece pola necesidade de manter as medidas de prevención e seguridade.
Aínda así, o Goberno local anunciou que está a traballar nunha celebración alternativa, que aposte polo audiovisual e polo material de divulgación histórica sobre estas festas, utilizando como vehículo as redes sociais e as novas tecnoloxías.
As fontes municipais aseguran que esta é a decisión máis responsable e adaptada á situación que se está a vivir nestes momentos na comunidade e no noso país en relación coa progresión da pandemia do coronavirus.
Relacionadas:
-
Marín engalánase para celebrar un San Miguel que se vivirá máis on line que na rúa
Por Redacción |
-
A festividade da patroa de Marín, a Virxe do Porto, dá o salto ás redes sociais
Por Redacción |
-
A pandemia tamén obriga a suspender a tradicional Danza das Espadas de Marín
Por Redacción |
-
"Boa aceptación e afluencia" a unha Festa Corsaria en Marín que se reduciu a senllos mercados
Por Redacción |