6.000 euros para fomentar a igualdade e previr violencias machistas en Bueu
Por Redacción
O municipio de Bueu recibe 6.000 euros da Deputación de Pontevedra para fomentar a igualdade de oportunidades e realizar accións de prevención da violencia de xénero. O organismo provincial destina esta partida que se achega a Concellos de menos de 20.000 habitantes co obxectivo de que o goberno local elabore unha guía sobre corresponsabilidade e novas masculinidades.
O obxectivo destas subvencións provinciais é que se realicen actuacións para fomentar unha sociedade máis xusta e igualitaria, que loite contra as violencias machistas, tanto no campo da concienciación social como no da formación.
A Deputación destina un orzamento de 230.000 euros este ano para estas accións, 10.000 euros máis que na edición anterior, para que 44 concellos da provincia promovan estas políticas sociais.