Participantes nun campo de voluntariado elaboran un documento audiovisual para poñer en valor o patrimonio histórico
Por Redacción
A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia Cristina Pichel mantiña un encontro durante a tarde do venres cos mozos participantes no campo de voluntariado que se desenvolve en Cerdedo-Cotobade.
Este grupo conta con idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos e colabora na realización dun documento audiovisual que poñerá en valor o patrimonio histórico e natural do municipio que conta con, entre outros escenarios, coa rehabilitación do centenario balneario de San Xusto.
Este colectivo tamén realiza roteiros, pádel surf e visitas por outros puntos do territorio galego, Santiago de Compostela ou a Illa de Arousa. Forman parte da campaña de Verán da Xunta de Galicia, que ofertou 6.872 prazas en diferentes actividades e campamentos, que manterán a súa actividade ata comezos do mes de setembro.