A Praza de Ourense converterase en setembro nun 'mini salón' de estética e perruquería

Por Redacción
O salón da estética e a perruquería ‘Rizando o rizo’ volve a Pontevedra e farao o próximo 26 de setembro, sábado, na Praza de Ourense. A iniciativa, impulsada pola asociación provincial Máis que Cabelos e a Concellería de Promoción Económica e Turismo a través dá plataforma #PonteLovers, adapta a convocatoria aos requiisitos sanitarios que esixe o momento actual.
Así, adoptando as pertinentes medidas de seguridade e higiente, esta edición dará visibilidade ás diversas actividades que aglutina o sector como perruquería, estética, maquillaxe, barbería, etc... coa calidade e a especialización como etiqueta. O que si se exclúe desta ocasión é a pasalera que se ofreceu o ano pasado.
Durante a presentación do evento, a concelleira Yoya Blanco explicou que 'Rizando o rizo' "dará visibilidade a grandes profesionais e negocios que souberon innovar e adaptarse ás novas demandas da sociedade".Pola súa banda, a presidenta de Máis que Cabelos, Beatriz Pintos, avanzaba que esperan contar con postos que representen "a enorme diversidade de facetas que hai dentro do sector e aínda que este ano non hai pasarela, os clientes si poderán solicitar os servizos nas casetas".
'Rizando o rizo' poderase visitar en horario de 17.00 a 21.00 horas.
Relacionadas:
-
#PonteLovers riza o rizo para facer realidade, en formato streaming, unha nova edición do Salón de Barbería e Estética
Por Redacción |
-
Os futuros perruqueiros do Frei Martín Sarmiento formaranse con todas as garantías sanitarias
Por Manu Otero |
-
#PonteLovers presta asesoría personalizada a 15 negocios pontevedreses de distintos sectores
Por Redacción |
-
Arránxeme isto, señor peiteador
Por Manu Otero |
-
Negocios con cita previa, como salóns de peiteado ou fisioterapeutas, poderán abrir a partir do luns
Por Alejandro Espiño |