Un setembro con moita actividade na aula CeMIT de Cuntis
Por Redacción
O mes de setembro chegará á aula CeMIT do Concello de Cuntis cunha ampla programación telemática de actividades de alfabetización dixital dirixidas a persoas adultas e a poboación infantil.
Os obradoiros comezarán xa a partir do vindeiro luns con actividades dirixidas a maiores e a rapaces nas que se ensinará programación e a sacar o maior proveito ás diversas ferramentas de internet.
'Ferramentas na internet' terá lugar os días 31 de agosto, 1, 2 e 2 de setembro e as actividades 'Micro:bit para nenos' e 'Deseño 3D para nenos' serán os días 31 de agosto, 2, 7 e 9 de setembro.
'Cs First para nenos' celebrarase os días 1, 3, 8 e 10, xornadas nas que tamén se ofrecerá a actividade 'Programación para nenos'.
Os obradoiros para adultos continúan do 7 ao 10 con 'Compras seguras na internet', onde se explicará o que é o comercio electrónico identificando as súas principais vantaxes, os medios de pago seguros, etc. Tamén para adultos, do 14 ao 30 celebraranse os talleres de 'Ofimática na rede: Google drive' onde se ensinará como editar, abrir e crear documentos en internet. Tamén se impartirá formación sobre almacenaxe, plantillas, follas de cálculo e acceso a documentación dende calquera dispositivo.
Nas mesmas datas terá lugar o 'Servizo de axuda tecnolóxica' no que as persoas interesadas poderán resolver online calquera dúbida que teñan sobre o funcionamento de ferramentas tecnolóxicas como os móbiles, ordenadores, tabletas, etc.
Os obradoiros infantís volven os días 19 e 26 con 'Scratch para nenos' e 'Micro:bit para nenos'.
As persoas interesadas en participar deberán contactar coa propia aula CeMIT para reservar unha praza, posto que son limitadas en todos os obradoiros. Poden facelo a través do enderezo electrónico cemit.cuntis@xunta.gal, do teléfono 683 147 165 ou dende a páxina web da Rede CeMIT.
Relacionadas:
-
Cuntis, cada vez máis conectado: expande Internet de alta velocidade cunha rede neutra
Por Redacción |
-
A metade dos núcleos rurais de Cuntis contan xa con internet de alta velocidade
Por Redacción |
-
Cuntis inviste 105.000 euros nas súas propostas educativas
Por Redacción |
-
A aula CeMIT de Cuntis ofrece un servido de axuda tecnolóxica para toda a veciñanza
Por Redacción |