A arte únese á gastronomía para seguir enchendo de vida o Mercado
Por Redacción
Recentemente superado o seu primeiro ano de apertura, o espazo gastronómico O Mercado de Pontevedra xa se consolidou como punto de encontro e espazo de restauración e agora dá un paso máis para manter o primeiro andar da praza de abastos cheo de vida: fusiona arte e gastronomía nunha nova oferta cultural que abriu este xoves a exposición 'Comendo ARTE', con obras dos artistas Asun González e Franck Xastre.
A exposición, que poderá visitarse ata o domingo 30 de agosto no primeiro piso do mercado de abastos da rúa Serra, inaugurouse este xoves cunha presentación aos medios de comunicación e unha sesión de pintura en directo que ás oito e media da tarde tivo moi boa acollida por parte da clientela do espazo gastronómico.
'Comendo ARTE' é unha mostra con nove cadros de grandes dimensións que ofrecen miradas penetrantes dos seus personaxes tanto co trazo e a forza da cor como coas mensaxes sutís que ofrecen.
Supón unha maneira de coñecer a obra destes dous artistas por separado e en conxunto, pois algunhas delas están elaboradas a catro mans por estes dous artistas que, aínda que son naturais de Vigo e Francia, levan anos asentados en Pontevedra e teñen grande proxección no exterior, con exposicions por toda España ou Alemania.
Con esta primeira actividade, a Asociación O Mercado de usuarios da primeria planta do Mercado de Pontevedra abre unha programación cultural que buscan que sexa regular e que contribuirá a dinamizar este espazo inaugurado en 2019 e que no seu primeiro ano de vida logrou un grande éxito. Desde o desconfinamento do estado de alarma, consolidouse como unha alternativa de ocio e gastronomía escollida por moitos pontevedreses.
Relacionadas:
-
Javier de la Torre expón os seus retratos de rockeiros no Mercado de Abastos
Por Redacción |
-
Asun Glez e Franck Sastre ofrecen unha galería artística no Mercado baixo o título 'comendo ARTE'
Por Redacción |
-
Abren ao público catro locais do "gastroespazo" do Mercado e outros dous o farán na fin de semana
Por Oskar Viéitez |
-
Centos de pontevedreses saborean o gastroespazo do mercado: "Xa é un éxito, está abarrotado"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |