O curso escolar será presencial e os colexios permanecerán abertos aínda que haxa positivos
Por Natalia Puga
O novo curso escolar 2020-2021 será "de forma prioritaria" con actividade presencial e os centros educativos manteranse abertos durante todo o curso escolar a pesar de que haxa algún positivo entre a comunidade educativa. O seu peche só se adoptará en casos excepcionais.
Así o acordaron este xoves o Goberno central e as comunidades autónomas, entre elas Galicia, tras unha reunión telemática dunha Conferencia Multisectorial na que participaron o ministro de Sanidade, Salvador Illa; a ministra de Educación e Formación Profesional, Isabel Celaá; a ministra de Política Territorial e Función Pública, Carolina Darias; e os conselleiros e conselleiras autonómicas de Sanidade e Educación, entre eles Xesús Vázquez Almuiña e Carmen Pomar.
Entre todos acordaron unha Declaración de actuacións coordinadas en Saúde Pública fronte á Covid-19 para os centros educativos durante o curso, que inclúe un total de 29 medidas e 5 recomendacións para a súa aplicación polas administracións competentes.
Acordouse que, con carácter xeral, a actividade lectiva será presencial para todos os niveis e etapas do sistema educativo, priorizándoa polo menos ata o segundo curso da ESO. En todo caso, o persoal que traballe no centro educativo reducirá ao imprescindible a súa permanencia no mesmo para o que se promoverá a realización telemática de todas aquelas actividades non lectivas que así o permitan.
De forma xeral, manterase unha distancia interpersoal de polo menos 1,5 metros. En educación infantil e en primeiro ciclo de educación primaria, o alumnado organizarase en grupos de convivencia estable para que os nenos e nenas poidan socializar e xogar entre si. Nestes casos, non se aplicarán os criterios de limitación de distancia.
A Declaración tamén establece o uso da máscara obrigatorio a partir de 6 anos de idade con independencia do mantemento da distancia interpersoal e que se realizará unha hixiene de mans de forma frecuente e meticulosa, polo menos cinco veces ao día.
Ademais, o alumnado recibirá educación para a saúde, intensificarase a limpeza dos centros, en especial nos baños e de lugares de maior uso, e ventilaranse con frecuencia as instalacións, polo menos durante 10-15 minutos.
Os comedores permitirán a distancia interpersoal de polo menos 1,5 metros, salvo no caso de pertencentes a un mesmo grupo de convivencia estable. Neles, asignaranse postos fixos durante todo o ano para o alumnado.
No transporte escolar será obrigatorio o uso da máscara a partir de 6 anos e recomendable en nenas e nenos de 3 a 5 anos.
Ademais, tomarase a temperatura corporal a todo o alumnado e ao persoal de forma previa ao comezo da xornada. Cada comunidade autónoma poderá decidir onde se toma esa temperatura, se no colexio ou no domicilio.
Tamén acordaron que as persoas que teñan síntomas compatibles coa Covid-19 non acudirán ao centro, xa sexan parte do alumnado, profesorado ou outro persoal, e o Ministerio de Sanidade presentou ás comunidades unha 'Guía de actuación ante a aparición de casos de COVID19 en centros educativos' que establece como eixos de actuación evitar a asistencia ao centro de persoas sintomáticas; o illamento precoz e referencia ao sistema sanitario de persoas con síntomas; o mantemento da actividade lectiva extremando precaucións ata os resultados das probas diagnósticas; e a corentena dos contactos estreitos.
Dada unha posible coexistencia durante esta próxima tempada 2020-2021 da circulación dos virus da gripe e o coronavirus, acordaron novos obxectivos coa finalidade de protexer aos máis vulnerables: alcanzar polo menos coberturas do 75% en persoal sanitario e maiores de 65 anos; e dun 60% en embarazadas e persoas con condicións de risco.
REACCIÓN DA XUNTA
O Goberno galego celebra este consenso logrado sobre o inicio do curso escolar, cun documento que incorpora a maior parte das medidas que xa están recollidas no protocolo elaborado pola Xunta. Trátase, en concreto, da aposta pola presencialidade sempre que as autoridades sanitarias non diten o contrario, o establecemento de grupos estables de convivencia sen limitación de distancia nin cocientes de alumnado, a aplicación de test serolóxicos para todo o persoal docente e non docente dos centros educativos e o uso obrigatorio de máscaras a partir de seis anos.
Carmen Pomar e Jesús Vázquez tamén consideran positivo que o Goberno incorporase a opción de enquisa de autoavaliación e toma de temperatura domiciliaria tanto para alumnado como para profesorado, que xa figura no Protocolo da Xunta, e que permite máis anticipación #ante a mínima dúbida, ao actuar en casa antes de acudir ao centro escolar; fronte á toma de temperatura dos centros, que se mantén.
Relacionadas:
-
Formación en COVID-19 para os coordinadores dos colexios de Pontevedra e O Salnés
Por Redacción |
-
Planifican a desinfección dos colexios públicos desde o Concello pero alertan que a responsabilidade correspóndelle á Xunta
Por Redacción |
-
A educación infantil en formato burbulla ponse en marcha en Pontevedra
Por Manu Otero |
-
As clases empezarán de forma escalada por cursos e os escolares deberán levar unha máscara de recambio
Por Redacción |
-
O curso escolar comezará con folgas ante o "coste cero" das medidas da Xunta contra a COVID-19
Por Redacción |
-
A volta ao cole en Sanxenxo: triplican as limpezas e regulan os accesos para evitar aglomeracións
Por Redacción |
-
Reclaman a presenza de persoal de enfermería nos centros educativos de Galicia
Por Redacción |
-
A Xunta establece multas de ata 120.000 euros para aqueles positivos que se salten a corentena
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
205 casos positivos en Covid19 na área sanitaria de Pontevedra - O Salnés e dúas persoas falecidas en Galicia nas últimas horas
Por Redacción |
-
Catro sindicatos anuncian mobilizacións e dúas folgas no inicio do curso escolar
Por Redacción |
-
O BNG de Marín propón que o Concello ceda locais municipais para o seu uso como aulas durante o próximo curso
Por Redacción |
-
A área sanitaria mantén a tendencia á alza dos positivos por coronavirus, 17 na última xornada
Por Natalia Puga |
-
RADIO.- Inicio do curso escolar: "O problema non vai estar nos centros educativos, está fóra"
Por Marisa Ciordia |
-
Boa resposta de profesores e temporeiros ao inicio dos test rápidos de cribado para saber se teñen ou tiveron Covid-19
Por Cristina Saiz & Natalia Puga |
-
Feijóo, ante o novo curso: "A aula será un lugar moito máis seguro que outros que os rapaces en Galicia frecuentan"
Por Natalia Puga |
-
A volta ao cole comeza con advertencias de folga contra o protocolo da Xunta
Por Redacción |
-
Feijóo propón que a máscara sexa obrigatoria nos colexios para profesores e escolares de máis de 6 anos
Por Natalia Puga |