Sanxenxo denuncia un intento de robo na piscina municipal
Por Redacción
O Concello de Sanxenxo interpuxo esta mércores unha denuncia na Garda Civil por un intento de roubo na piscina municipal durante a pasada madrugada.
Os traballadores, que se atopan nestes días realizando tarefas de mantemento nas instalacións, atopáronse ao acceder ao interior con importantes danos na porta da oficina de dirección que trataron de forzar sen éxito. Desmontaron a fechadura e golpearon a porta cun taburete que se atopaba nas instalacións deixándoa practicamente inservible.
Estiman que o arranxo da porta podería ascender a máis de 500 euros. Aparentemente, o acceso ao interior realizouse sen forza, xa que nin as portas nin as xanelas apareceron danadas.