Boa resposta de profesores e temporeiros ao inicio dos test rápidos de cribado para saber se teñen ou tiveron Covid-19
Por Cristina Saiz & Natalia Puga
Os hospitais Provincial e Montecelo de Pontevedra empezaron a acoller este mércores os primeiros test a profesores e temporeiros da vendima que, ante o inicio inminente do seu traballo presencial, van a ser obxecto dun cribado xeral para detectar posibles casos de coronavirus asintomáticos. Na primeira tarde de actividade, todos os citados presentáronse á proba e amosaron total colaboración.
No Hospital Provincial citaron a 57 profesores, fundamentalmente de Educación Primaria e Infantil e algún de ESO. Segundo explicou Silvia Sánchez Radío, supervisora da unidade de Docencia e Formación Continuada da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés, foron acudindo de forma desordenada a pesar de que todos tiñan cita previa, pero o 100% presentáronse.
Con estes primeiros test, que este xoves tamén se realizarán no Hospital do Salnés, comezan os cribados preventivos mediante tests rápidos de anticorpos de dobre banda ao persoal docente dos centros educativos e ao persoal temporeiro da vendima, co obxectivo de determinar posibles infeccións por coronavirus antes de iniciar o curso escolar e a vendima.
Dita actividade preventiva, totalmente voluntaria, permite, segundo explicou Silvia Sánchez, saber si as persoas testadas tiveron a Covid-19 no pasado ou a teñen nestes momentos. En caso de que dean positivo, xa se lles fará un test de maior calado, unha seroloxía en sangue, e porase en marcha o protocolo de illamento e rastrexo de contactos.
Segundo esta profesional da área sanitaria, este test rápido de cribado, que se realiza mediante unha picada nun dedo, "tiene unas ventajas notables, por ejemplo, la rapidad, en muy poco tiempo nos va a decir si hay postitivo en alguno de los dos parámetros", a inmunoglobulina tardía e a actual.
Os profesionais non saen do hospital co resultado da proba, pero si terán noticias das autoridades sanitarias nun período de tempo "breve". Para facelo posible, a diferencia do que pasou cando se realizaron cribados de colectivos como axentes da Garda Civil ou profesionais farmacéuticos, reforzouse o servizo.
En total, este mércores había no Provincial tres supervisoras de forma voluntaria para o cribado dos mestres. Segundo explicou Sánchez Radío, ninguén manifestou ningún tipo de rexeitamento a facer a proba nin tampouco medo e, en xeral, amosáronse conscientes de que era positivo este cribado para a seguridade da volta ao colexio.
No Hospital Montecelo citouse este mércores a 60 profesionais da vendimia. Entre eles estivo un home que pretende traballar na vendima nunha adega de Ribadumia e que explicou aos medios de comunicación que decidiu ir de xeito voluntario a facer o test "porque quero ir á vendima e pídenmo".
Camioneiro de profesión, leva sen traballar meses porque lle rematou o contrato e decidiu non seguir expoñéndose aos contaxios, por medo, pero agora xa ten que traballar "para sacar a familia adiante".
As previsións que manexa a área sanitaria estiman que arredor de 4.000 docentes e 350 temporeiros poderían efectuar de xeito voluntario este cribado. Cada centro educativo e bodega nomeou unha persoa que coordinará os sistemas de traballo interno para estes tests.
Relacionadas:
-
Veciños quéixanse de que a diario se xuntan ata 30 persoas sen distancias de seguridade nos accesos ao Provincial
Por Redacción |
-
Técnicos da Xunta controlarán a vendima de Rías Baixas
Por Oskar Viéitez |
-
A volta ao cole en Sanxenxo: triplican as limpezas e regulan os accesos para evitar aglomeracións
Por Redacción |
-
Acusan o SERGAS de ocultar datos e piden información precisa sobre o sistema de rastrexo nos hospitais públicos
Por Redacción |
-
A D.O. Rías Baixas fará test serolóxicos a todos os seus auditores durante a vendima
Por Redacción |
-
O curso escolar será presencial e os colexios permanecerán abertos aínda que haxa positivos
Por Natalia Puga |
-
Comezan os cribados preventivos de Covid-19 a profesorado e temporeiros da vendima
Por Anxo Lourido & Cristina Saiz |
-
Sanidade decreta o peche do lecer nocturno e a hostalería non poderá aceptar novos clientes a partir de medianoite
Por Redacción |