Evacúan ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo un ciclista tras sufrir unha indisposición en Vilaboa
Por Redacción
Os servizos de emerxencia evacuaron este domingo, á primeira hora da mañá, un ciclista que sufriu unha indisposición cando circulaba polo municipio pontevedrés de Vilaboa.
Foi un particular quen se atopou co ciclista inconsciente e tendido no asfalto, polo que chamou ao Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia para solicitar axuda.
O suceso tivo lugar ao redor das 9:00 horas da mañá, iniciando a persoa que atopara ao deportistas as manobras para a súa reanimación.
Tras ser atendido polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar, o ciclista foi trasladado polo 061 ao Hospital Álvaro Cunqueiro da cidade de Vigo.
Ademais da o 061, o servizo do 112 Galicia puxo en alerta aos bombeiros do Morrazo e á Garda Civil de Tráfico.