O investimento da Deputación para a contratación e inserción laboral chegará este ano aos 12 millóns de euros
Por Redacción
Os plans de formación e inserción laboral da Deputación de Pontevedra chegarán este ano a máis de 1.600 persoas, segundo sinala o goberno provincial.
O Plan Concellos a través da súa liña 3 de emprego en servizos municipais é a base de todo este operativo. Nel a administración pública empregará 9,5 millóns de euros a financiar a contratación directa de preto de 1.000 traballadoras e traballadores por parte dos 58 concellos adheridos. Ao balance engádenselle os plans 'O teu primeiro emprego', financiado con fondos propios, e 'TIC Emprendes', con financiamento europeo, que chegarán a máis de 600 persoas.
Estes tres programas, sinala a Deputación, contan cun orzamento total de 12,8 millóns de euros, ao sumarlle ao Plan Concellos os 2,6 millóns reservados para 'O teu primeiro emprego' e os 700.000 euros de 'TIC Emprendes'.
No primeiro deles e máis importante por fondos, os municipios poden contratar, entre outros perfís, a profesionais de protección de medio ambiente, peóns de diferentes especialidades, forestais, operarios de condución de vehículos, profesionais de pavimentación, especialistas en horticultura-xardinería, persoas administrativas, monitores, traballadores sociais, profesionais de fontanería e electricidade, persoas para conserxería, técnicos de turismo, albaneis, profesionais de limpeza, operarios de obras e servizos, ou carpinteiros.
En canto a 'O teu primeiro emprego', que substitúe por segundo ano ao Plan de Práctica Laboral, o pasado ano supuxo a contratación en concellos, empresas e difererentes organizacións de 228 mozos e mozas.
Por outra banda, a partir do mes de setembro, iniciaranse as accións formativas de TIC Emprendes. Trátase dun programa que está destinado a 390 persoas mozas, de entre 16 e 30 anos, de 31 concellos da provincia que máis sofren o déficit demográfico.
Relacionadas:
-
O persoal da Deputación xa pode facer uso das salas de lactación e de comedor
Por Redacción |
-
A Deputación, con 40 proxectos en marcha, cumpre coa Axenda Europea 2030 para un desenvolvemento sostible
Por Redacción |
-
A nova convocatoria de Practicum Depo ofrecerá estancias formativas en 13 países
Por Redacción |