As oficinas do Padrón e Rexistro volven a Michelena 30 logo da súa reforma e adapación á nova normalidade
Por Redacción
O traslado dos servizos de Rexistro, padrón e Atención á Cidadanía ás dependencias municipais do número 30 da rúa Michelena xa é unha realidade. Estes servizos estaban a prestarse na Casa da Luz de forma provisional polas obras de reforma deste inmoble. A previsión do Concello é que estes servizos volvan estar plenamente opertativos na súa renovada sede a partir e as 8.30 horas do luns 24 de agosto.
Informan desde o goberno local que aquelas persoas que acudan de forma presencial a realizar os seus trámites deberán acudir con cita previa, que a poden obter a través de Internet, teléfono ou de forma presencial.
Na zona de entrada haberá persoal de recepción para realizar o control de acceso, tanto para confirmar as citas como para dar a quenda ao portelo de Atención á Cidadanía. Para confirmas as citas pódense empregar outros mecanismos virtuais como a aplicación web ou a lectura dun código QR que aparece na cartelería das propias dependencias municipais.
Tras confirmar a súa chegada, o usuario recibirá un ticket virtual ou físico cun localizador que poderá comprobar nas pantallas para dirixirse logo ao posto que se lle asigne.
A zona de entrada estará ademais dividida en dous fluxos de circulación, de entrada e saída debidamente sinalizados. No interior das oficinas tamén haberá marcas para indicar os fluxos de circulación.
Despois desta reforma, as dependencias de Michelena 30 terán dúas entradas diferenciadas. Unha exclusiva para o Rexistro e o Padrón, e outra para o resto de dependencias municipais.
Relacionadas:
-
A segunda planta de Michelena 30 estará operativa en maio
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
O Concello prevé terminar en marzo a reforma da segunda planta do seu edificio administrativo
Por Redacción |
-
A reforma da segunda planta de Michelena 30, nas mans de empresas de Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
Haberá control de acceso no edificio municipal dos Ferreiros, a Casa Azul e o Chalé de Fontoira
Por Alejandro Espiño |
-
Rexistro e Padrón volven a vindeira semana ao edificio do Concello en Michelena 30
Por Redacción |
-
Haberá un sistema de cita previa para o rexistro e o padrón tras o seu regreso a Michelena 30
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |