Os populares pídenlle ao Concello que dote a Salcedo dunha Escola municipal de Música
Por Oskar Viéitez
O Partido Popular pídelle ao Concello de Pontevedra unha Escola de música para Salcedo. O concelleiro Pablo Fernández ofreceu este xoves unha rolda de prensa na que lamentou a "falta de sensibilidade" do goberno local coas demandas da Plataforma Cidadá Por unha Casa de Cultura digna para Salcedo, que leva meses protestando e demandando unha modificación do proxecto.
Según Pablo Fernández "a competencia das escolas de música é do municipio, pois a orde de 22 de abril de 1993 recolle no DOG a especial responsabilidade das corporacións locais nesta materia", e citou os exemplos de Vigo ou Sanxenxo.
O concelleiro popular denuncia que o equipo de goberno do alcalde Fernández Lores "ningunea aos veciños de Salcedo" e incidiu na "nefasta xestión que está facendo respecto a este proxecto".
Fernández asegurou que o alcalde, e o concelleiro do rural, Demetrio Gómez, "mentiron aos veciños ao incumprir o seu mandato de dotar á parroquia dunhas instalacións culturais dignas incluíndo a Escola e Banda de Musica".
"Quixeron instrumentar políticamente o consello parroquial, dividindo e enganando aos veciños de Salcedo", denunciou, e lembrou a "artimaña" pola que se viron afectados os veciños de Tomeza, despois de que o Concello anunciara o pasado mes de maio que rexeitaba o proxexto para construír una nova casa de cutural na zona a pesar de tela prometida dende 2005.
O edil popular tirou de hemeroteca para lembrar que dende hai doce anos que está prometida a construción dunha casa cultural para Salcedo. Fernández argumentou que sempre houbo un consenso político e social sobre a necesidade de dotar á Banda-Escola de música dunhas novas instalacións nas que poidan levar a cabo traballos de formación.
"Sen embargo, o Concello, a pesar de comprometerse a crear un proxecto co consenso de todas as asociacións e de anunciar que se construiría un auditorio no inmoble, manipulou a situación no consello parroquial reducindo as necesidades plantexadas dende un primeiro momento pola parroquia e intentando dividir aos veciños e asociacións", dixo Fernández.
"Utilizaron o medo e a mentira para acadar unha votación favorable aos seus intereses para a aprobación dunha mera declaración de intencións e non un proxecto arquitectónico", declarou, ao mesmo tempo que lembrou que dous días despois de expoñer o proxecto cancelaron a partida económica de 350.000 euros para a casa da cultura.
Relacionadas:
-
Os concelleiros populares demandan ao equipo de Fernández Lores que asfalte a Rúa das Olivas
Por Redacción |
-
O Concello e a Plataforma Cidadá de Salcedo liman asperezas, pero non chegan a acordo total
Por Natalia Puga |
-
Salcedo aficiónase aos flashmob para reivindicar unha "casa de cultura digna"
Por Redacción |
-
A 'Plataforma Cidadá por unha Casa de Cultura Digna para Salcedo' insiste en cambiar o proxecto
Por Redacción |