ADEAC felicita a Sanxenxo pola limpeza dos areais con bandeira azul
Por Redacción
A limpeza das praias e a figura dos informadores foron dous aspectos que a Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (ADEAC) quixo recoñecer a Sanxenxo.
A asociación felicitou ao municipio pontevedrés nun informe emitido o pasado 12 de agosto tras inspeccionar os seus 17 areais con bandeira azul.
No mesmo documento requírese ao Concello que inclúa no mapa de servizos da praia a localización dos contedores de recollida selectiva e un panel de información sobre as actividades de educación ambiental ou a web onde se poden consultar.
Durante esta campaña estival, marcada pola pandemia de Covid-19, Sanxenxo dotou ás praias con bandeira azul de 52 informadores, poñendo ademais especial atención na limpeza cada hora e media dos baños públicos.
"Destaca a limpeza dos servizos hixiénicos e os propios WC das praias. Tamén a presenza de persoal específico que asesora aos usuarios da praia no tema do Covid 19 e outros temas relacionados, así como o persoal que recolle plásticos pola zona", sinala o informe de ADEAC.
O responsable da Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor que acudiu a Sanxenxo cualificou como positiva outra medida, a de retirar as papeleiras dos areais, unha medida que segundo o goberno local manterase no tempo ante a resposta cívica observada nos bañistas.
Relacionadas:
-
ADEAC escolle Sanxenxo como exemplo en medidas anticovid para as praias
Por Redacción |
-
Sanxenxo recomenda non bañarse en Baltar, Caneliñas, Panadeira e Nanín por contaminación nas súas augas
Por Redacción |
-
Os socorristas de Sanxenxo realizaron catorce rescates durante o mes de xullo
Por Redacción |
-
A oficina de Turismo de Sanxenxo recibe decenas de consultas diarias sobre a seguridade sanitaria deste destino
Por Redacción |
-
VÍDEO.- As praias da ría izan as súas bandeiras azuis
Por Redacción |